Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O IES Agra Raíces estrea o ciclo de FP de Hixiene Bucodental

Ciclo Hixiene Bucodental no iWS Agra Raices
O IES Agra Raíces estrea o ciclo de FP de Hixiene Bucodental

Unha nova oferta de formación profesional moi importante para a Costa da Morte a que estreará o vindeiro curso 24/25 o IES Agra Raices de Cee. Por primeira vez impartirá o Ciclo Formativo Superior Dual Intensivo de Hixiene Bucodental. Con este título de técnico superior pódese acceder directamente ao mundo laboral, ou tamén á Universidade nas condición normativas estipuladas.

É unha formación profesional dual intensiva, con formación e prácticas remuneradas na empresa. Combina deste xeito a formación no centro educativo nun 56% das horas e na empresa nun 44%. As saídas laboráis están vinculadas coas empresas de coidados bucodentais 
supoñendo un activo profesional moi importante para as mesmas.
Rematado este ciclo, dentro das condicións normativas especificadas, o alumnado terá acceso directo á universidade, para graos da mesma familia profesional.
"A implantación deste formación profesional no noso centro é unha enorme oportunidade para a Costa da Morte, para a formación de profesionais nunha área con moita demanda, e con un futuro importante de crecemento da mesma", explican dende o centro.

O prazo de presentación de solicitudes é do 24 xuño ás 9:00 ao 4 xullo ás 13:00 horas, do que se informará detalladamente na web do centro.

Comentarios