Martes. 28.09.2021
El tiempo

O IES Fernando Blanco abre a inscrición das Ensinanzas para Persoas Adultas

IES Fernando Blanco
O IES Fernando Blanco abre a inscrición das Ensinanzas para Persoas Adultas

Hoxe, martes 1 de xuño, abre o prazo de inscrición no IES Fernando Blanco en Ensinanzas para Persoas Adultas (EPA) para o vindeiro curso 2021-2022. Ata o 15 de xuño, as persoas que teñan 18 ou máis anos, e que poidan acudir en horario de tarde-noite ás clases, teñen a oportunidade de retomar antigos estudos primarios para acadar o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

A oferta pública de educación de persoas adultas fai posíbel que as persoas adultas poidan adquirir ou completar os seus estudos e coñecementos, tanto para o seu desenvolvemento persoal como profesional.

Estas ensinanzas teñen como obxectivo primordial actualizar a formación básica e acceder aos diferentes niveis do sistema educativo. Nas ensinanzas de EPA pódense diferenciar dúas etapas:

  • a) ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS: Destinatado a todas as persoas adultas sen titulación previa que desexen unha formación básica inicial en lecto-escritura e cálculo así como prepararse para o acceso á educación secundaria para persoas adultas. Tamén apropiado para estranxeiros que queiran aprender galego e castelán.
  • b) EDUCACIÓN SECUNDARIA: Destinada a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.

En principio cada ensinanza consta de dous anos pero o alumnado pode realizalo ao seu ritmo. Ao alumnado, poderánselle validar diferentes cursos ou materias, dependendo dos estudos de EXB ou ESO que certifiquen.

comentarios