Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O IES Fernando Blanco estrea ensinanzas de castelán e galego para migrantes

  • Abre o prazo de matrículo para as Esinanzas de Persoas Adultas nos IES
IES Fernando Blanco
O IES Fernando Blanco estrea ensinanzas de castelán e galego para migrantes

Entre o 1 e o 8 de setembro estará aberto no IES Fernando Blanco o prazo de matrícula para as ensinanzas de Educación de Persoas Adultas, EPA, para o vindeiro curso 2022-2023.

Na Educación para as Persoas Adultas pódense diferenciar diferentes ensinanzas:

  • a) ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS: cDestinatado a todas as persoas adultas sen titulación previa que desexen unha formación básica inicial en lecto-escritura e cálculo así como prepararse para o acceso á educación secundaria para persoas adultas.
  • b) EDUCACIÓN SECUNDARIA: Destinada a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria e poidan acudir en horario de tarde-noite. Poden realizarse en dous cursos (son 4 en realidade).

CASTELÁN E GALEGO PARA PERSOAS MIGRANTES

Como novidade, este curso ofértanse tamén ensinanzas para a aprendizaxe de Castelán e Galego para persoas migrantes. Son Ensinanzas Non Regradas impartidas en horario de tarde destinadas á poboación migrante, maiores de 16 anos. Para estas ensinanzas a matrícula estará aberta durante todo o ano.

Comentarios