Implicadas en que o Día da Muller non sexa unha efeméride


Canto ten cambiado a Costa da Morte neste último lustro gracias ao traballo das bravas da Organización feminista Buseranas. Este pasado sábado 5 de marzo, volveron demostrar a súa relevancia social ca organización da I Gala Solidaria do Día da Muller, que xuntou danza, poesía, música e cine no auditorio da Casa da Cultura de Cee. Todo, celebrando o Día Internacional da Muller que se celebra cada 8 de marzo, e intentando conseguir, a base de cultura e educación, que esta emotiva data sexa moito máis que unha efeméride.
A gala comezou cun baile da Agrupación Breogán de Brens que encandilou aos moitos veciños asistentes que case encheron o auditorio.
Era tempo para o cine, e Susana Arins, do colectivo Implicadas no desenvolvemento presentou o documental “Cambia de papel”, no que varias mulleres narran en primeira persoa como son as súas condicións de vida na India.
A propia Susana Arins comentou un pouco o documental, animando ao público a implicarse, a colaborar para que a sociedade " cambie de papel”.
Tomou protagonismo a poesía, da man das poetas Marta Dacosta, Rosalía Fdz. Rial e Concha Blanco, que recitaron poemas seus e tamén poemas de escritoras da cultura támil, lingua dun dos estados do sur da India.

A música púxoa Millo Verde coas súas combativas pandeiretas que tocaron tres pezas e rematou o acto coa lectura do comunicado de Buserana, que convertiu a xornada non só en solidaria, senón tamén en reivindicativa. Ao remate do acto sorteáronse produtos da ONG, entre as persoas asistentes, e ademais, a recaudación da xornada (de ventas de produtos no posto da entrada e rifa donativo) vai integramente para os proxectos de “Implicadas no desenvolvemento”.
Buserana quere agradecer publicamente a colaboración xenerosa e solidaria de tódalas persoas que participaron e fixeron posible o desenvolvemento desta gala.
Novas relacionadas
- Para que o Día da Muller sexa algo máis que unha efeméride.
- 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
- As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
- A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
- A Costa da Morte segue tecendo redes pola igualdade real da Muller.
- Un percorrido pola historia, dende Muxía, en clave feminina.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Buserana pide un Rincón Violeta na nova Biblioteca de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).