De inauguracións e inundacións no Polígono de Cee
Vivía onte o Polígono de Cee unha rutilante inauguración. O novo (ou reubicado) Cash Record recibía a visita institucional, con presenza da alcaldesa, Margarita Lamela, e da presidenta de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo.
Mentres, na outra beira do polígono, os tractores tiñan que superar unha lagoa artificial para pasar a ITV, porque as filtracións dun parque mal estruturado continúan sendo un verdadeiro quebradeiro de cabeza para usuarios e empresarios.
Porén, na reunión mantida entre o Concello e SEA nada se falou do estado do poligono, centrando as necesidades nas posibles novas licenzas ou no vindeiro investimento proposto: a colocación dun olocará un tótem informativo á entrada do parque.
Mentres, algunhas empresas seguen nadando, literamente, nas súas naves. “Unha vergonza ir anunciar a bombo e platillo a inauguración dunha gran superficie comercial mentres nos ten as empresas locais con graves problemas dende fai 5 anos sen resolver”, denuncia Ramón Búa, de Construcciones Búa. A súa nave segue con moitos problemas de inundacións pero é que ademais tiveron que mercar a parcela do lado para desviar o rego que agora baixa inundando a estrada onde a nave de Sogama.
A empresa presentou un proxecto en agosto de 2024 no Concello para poder urbanizar esa nova parcela e poder desviar as augas mentres non se toman decisións. Pero ademais de non facer, non deixan facer tampouco, e o “silencio administrativo” está a provocar unha situación insostible.
Lembran ademais que se trátase dun grave problema de seguridade viaria.
