Venres. 29.03.2024
El tiempo

Jesús Picallo: “O que vai facer un bo negocio comigo é o Concello de Cee”

Xa puidestes velo no debate electoral artellado por QPC, pero toca profundicar sobre o programa electoral do PP que Jesús Picallo leva na súa primeira candidatura á alcaldía do Concello de Cee.

Jesus Picallo candidato PP Cee 2023
Jesus Picallo nunha foto de Rafa Quintáns
Jesús Picallo: “O que vai facer un bo negocio comigo é o Concello de Cee”
PP de Cee presentaciom 2023 copia 2
Equipo do PP de Cee
  • QPC: Por que te baixas ao barro e te metes en política ademais no teu pueblo, co complicado que é?

Cee é a localidade na medrei persoal e profesionalmente, e quere devolverlle todo o que me deu. Por iso dou este paso á fronte, facendo un exercicio de responsabilidade para colocar o noso concello no posto que merece. Porque Cee está en declive, está estancado.

  • QPC: Hai que di que queres aproveitar para facer negocio…

Eu veño a política coa vida solucionada, por iso agora teño ganas, teño tempo, e sobre todo o apoio dun gran partido. O que vai facer un bo negocio comigo é o Concello de Cee.

 
  • QPC: Non ter experiencia política é unha vantaxe ou unha desvantaxe?

É unha elección, e como todas, ten partes boas e partes malas. O importante é que eu entro na política por min mesmo, e chego, como me ensinaron, escoitando, aprendendo. Hai pouco fun a un pleno, para ver como se desenvolven, e quedei abraiado, ao ver como o alcaldesa expulsaba a concelleira e candidata de IxCee e increpaba a todo o mundo.

 

Nós dende o PP, entendemos que é obrigatorio contarlle aos nosos veciños as liñas do noso programa, dende a humildade e as perspectivas de futuro. Queixemos presentarlles os 4 pés necesarios para sentar as bases para un futuro económico e social: maiores, empresa, formación na rama da Hostalería, e o centro deportivo de San Paio de Refoxos.

 
  • QPC: Que che pareceu a xestión da alcaldesa nestes últimos 4 anos?

Non se pode valorar algo que non existiu. Non é que a súa xestión fora pésima senón que directamente non a houbo. Pola contra, nós vimos aquí a xestionar, que é o que levo facendo toda a vida.

 
  • QPC: Que che parece a política de “comigo ou contra min” como ti mesmo calificaches no debate, na que se ten convertido o pleno municipal?

Este foi un goberno no que destacou a falta de democracia. Expulsar compañeir@s dos plenos, sen cintura política, un goberno personalista… iso, un concello de “comigo ou contra min”. Un goberno en minoría, minoría de 4 concelleiros, o alcalde ten que ter cintura política, dia e estes 4 anos foi todo o contrario.

Isto foi un antes e un despois. Cee está triste, está amargado, e é que é o reflexo da vida política. Vémono coa política de redes… un alcalde ten que ter equipo, ten que saber delegar. As axudas conséguense peregrinando polas administracións, pero si estás pechada no despacho mirando o facebook, instagram… o que a xente di de ti, contestándolle á xente… ese non é o camiño.

 

Jesus Picallo PP de Cee

  • QPC: Que cres que lle podes aportar á política nestes tempos de tensión no pleno?

Chego ao sitio adecuado no tempo adecuado. Teño tempo, como dixen, os contactos necesarios e o aval dun partido para que Cee salga do seu parón.

A capacidade para chegar a acordos é intrinseca á persoa que goberna un concello. E os acordos chegan cando hai diálogo, xustamente o contrario do que pasou en Cee durante estes catro anos. Saíron proxectos adiante polo respecto da oposición, sobre todo do PP, pola veciñanza.
Pero ollo, falar de diálogo e acordos non é o mesmo que falar de pactos. O PP sae pola maioría.

 
  • QPC: Que doenzas principais ten Cee?

Cee necesita mellorar en todos os ámbitos. Temos que poñer en valor os nosos activos, como o Centro Comercial ou o Mercado Municipal. Temos que darlle facilidades ás empresas. Eu teño xa comprometidas varias empresas que xerarán máis de 100 postos de traballo, pero teñen que saber que lles vai dar facilidades. Un concello ten que facilitar a vida dos empregadores, non poñer atrancos, como fai co ocio nocturno.

Fai falta a Residencia de Maiores, e eu dende aquí me comprometo a que Cee teña unha con 100 prazas e 40 postos de traballo.
Fai falta acabar o PXOM, algo básico, e tamén solicitar, a Variante de Brens, que dinamizaría moitísimo o porto e Polígono. Pero nestes 4 anos a alcaldesa nin a solicitou.

 
  • QPC: En materia cultural, que debe facer Cee?

Non podemos ter unha axenda cultural determinada pola axenda electoral. Debemos aprender doutros concellos da zona que si teñen unha forte aposta polo deporte e a cultura como motores tamén económicos. Debemos de facer unha programación anual, non só 4 meses antes das eleccións.
E outra cousa moi importante, temos que coidar ás nosas asociacións, que son a base da cultura do noso concello.
E como dixen, é fundamental o centro deportivo de calidade no San Paio de Refoxos.

 
  • QPC: En materia de Servizos sociais que priorizará o PP?

A Residencia de maiores, como dixen. Pero tamén podemos ter máis Casas do Maior, que funcionan moi ben; ampliar as horas do Servizo de Axuda do Fogar, que temos 35 persoas en lista de espera. Temos que potenciar tamén o programa Xantar na Casa, ao que Cee non está adherido, ou mellorar o Coidado Porta a porta. Faremos tamén medidas de conciliación como o servizo de madrugadores na escoliña ou un servizo de canguraxe para familias con necesidades.
E en materia de sanidade, se ben outros falan de recortes, nós queremos falar de ampliar o Hospital.

 
  • QPC: Ademais de potenciar a Variante de Brens, que medidas económicas fundamentais ten pensado implantar?

Parécenos fundamental a creación dun Ciclo de FP Dual para Hostalería, e imos loitar por el. Imos facer ademais un plan de emprego xuvenil, e como dixen antes, para fixar poboación temos que potenciar o Centro Comercial e o Mercado. Ademais, temos un dos mellores servizos de taxis da comarca, temos que apoiar a estes autónomos.
Temos tamén que coidar o noso patrimonio natural, coidar os Camiños (o de Santiago, o dos Faros e o Relixioso), recuperar a Bandeira Azul de Estorde e coidar a Lires, que podería ser unha das aldeas máis bonitas de toda España.

 
  • QPC: Como valoras o teu equipo?

Teño a sorte de contar cun equipo de xente boa e, sobre todo, de boa xente.

Pedimos á xente que peche os ollos e que reflexione, que pense no Cee que quere para os vindeiros 4 ou 8 anos.

 

Novas relacionadas

Comentarios