Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Junquera López presenta a súa primeira novela na casa

Presentacion libro Junquera Liopez en Cee
Junquera López presenta a súa primeira novela na casa

Nova presentación literaria en Cee, onde agroman as artistas das letras como cogumelos. Desta volta queremos dar cabida a Junquera Lopez (Cee, 06/01/1985), que vén de publicar o seu primeiro libro, unha novela titulada "Despedidas en silencio" coa editorial Con M de Muller.

”Sempre tiven a certeza de que a mellor herdanza que o día de mañá a miña nai poderíame deixar, era a paixón polos libros. Froito dese amor, e dunha necesidade interior de dar voz aos meus pensamentos, ata agora silenciada, nace este libro, o meu primeiro contacto co mundo da narrativa”, conta a propia Junquera.

A primeira presentación será este sábado 11 de nadal, ás 20:30h no Corner Bar, e estará arroupada por Suso Bahamonde e Xaime Trillo.

Presentacion libro Junquera Liopez en Cee

Comentarios