LeöKCh en estado de ansiedade

Non, non é que o rapeiro de Camiños Chans estea a piques de morder as paredes. É que o título do seu novo traballo chámase así: "En estado de ansiedad".
O novo proxecto musical do ceense LeöKCh para este 2012 mestura o rap co reggae para describir as diferentes etapas e procesos dun estado de ansiedade, algo que por desgraza cada vez segue aumentando na nosa sociedade por un sen fin de circunstancias ou factores.
Neste vídeo podemos ver, como nos conta o propio Leo, a Intro do proxecto que se desenvolverá nos vindeiros meses, e que se inspira nunha choiva de imaxes, boas e malas, tristes e divertidas. En definitiva algo semellante ao que che pasa pola mente aínda que a unha velocidade superior ao sufrir unha destas devanditas crises.
Aí queda o Leo traéndonos a "rima eterna", só che queda pulsar simplemente ao play, agudizar o teu oido e non sacar ollo da pantalla:
Máis información
Novas relacionadas
- Un ano de rap con LeöKCh.
- O rapeiro ceense Leö Kch canta o Ave María a coro cos Nativos Digitales .
- LeöKCh volve con novos temas achegándose ao reagge.
- A "Crisis" de LeöKCh.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
