Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Lires terá beirarrúas

Cee pide tamén unha senda peonil en Ameixenda
Beirarruas no lugar de Lires
Lires terá beirarrúas

A Deputación atenderá a demanda do Concello de Cee para construír beirarrúas na DP-2301 Lires, tal e como llo transmitiu onte o presidente, Valentín González Formoso á alcaldesa, Margarita Lamela. Unha petición realizada en varias ocasións polo BNG, que supón facer caso dunha demanda histórica da veciñanza, dada a carencia dun paso seguro para os peóns nunha estrada nas marxes dun vial que conta cunha elevada densidade de tráfico e que ademáis forma parte do Camiño de Santiago e conta non numerosos establecementos de turismo rural nas súas inmediacións.

O Concello terá que presentar un proxecto técnico.

Así mesmo, a alcaldesa solicitou tamén o apoio económico da Deputación para executar unha senda peonil en Ameixenda, que conectaría a zona de Lamas coa estrada xeral AC-522 de Muros a Cee, ofrecendo seguridade aos camiñantes.

103 autónomos e microempresas reciben axudas do PEL-Reactiva

Entre 1.500 e 3.000 van recibir 103 autónom@s e microempresas gracias ás axudas do PEL-Reactiva, boa parte delas do sector da hostalaría e pequeno comercio, cun importe total de 186.500 euros.

Novas relacionadas

Comentarios