Mércores. 20.10.2021
El tiempo

Máis amor escolar escolar para a marea branca

Máis amor escolar escolar para a marea branca

Como fixeran os cativos do CEIP Vilarmide, os alumnos do CEIP Eugenio López de Cee puxéronse os monos para seguir dando pasos da campaña Galicia en color‐ Rede de reencontros 10 anos despois.

Foron 20 estudantes (16 nenas e 4 nenos) ceense os que se dividiron en dous grupos para pintar cada un de eles un mono branco. As fundas levan unha mensaxe personalizada de agradecemento a unha persoa famosa relacionada co Prestige, de xeito que unha vez finalizada a etapa de debuxo, enviarase o traxe ao seu destinatario, para invitala a volver á nosa bisbarra.

Segundo a titora do grupo de rapaces e rapazas de 4º de Primaria, Almudena Feal, o alumnado descoñecía que era o Prestige e a Marea Branca, polo que valora moi positivamente a iniciativa. Ela mesma explicou que días previos á actividade, os rapaces estivéronse informando sobre o que pasou en 2002 na Costa da Morte, e sobre as persoas coñecidas que visitaron o litoral galego.

Durante a xornada de onte, o equipo de Galicia en Color, fíxolle entrevistas gravadas aos rapaces e rapazas, coas que se editará un vídeo que tamén se fará chegar ao famoso ou famosa á que se dirixan os agradecementos.

Dende APTCM, agradecen a boa disposición e entrega por parte da titora e do director do centro, Manuel Fandiño. Tamén destacan a participación de centros de Carballo e Carnota, nas vindeiras semanas.

Unha costa en color

Segundo explica Manuel Pan, presidente da APTCM, promotora da campaña, “utilízanse os mesmos monos brancos que vestía o voluntariado, para que os nenos e nenas os pinten de cores. Preténdese deixar atrás a visión bicolor (branco –negro) do afundimento, para amosar os avances positivos que experimentou o litoral durante os últimos 10 anos.”

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da APTCM.

comentarios