Manolín presenta o seu novo libro de poemas en Corcubión
Manuel Oliveira Gómez, Manolín, ten novo libro: "Os abismos do corazón". O seu segundo libro, e de novo, a poesía, a súa gran paixón alén do fútbol, é a protagonista. A poesía e as súas incribles experiencias, as vivencias dunha persoa con mil vidas, moitas delas vividas debaixo da auga como submarinista profesional, de aí a escafandra do cartel do recital.
Este venres, poderemos disfrutalo na súa esencia: recitando. Seguindo os parámetros de retransmisión do seu programa na radiONeria Realidade e Soños. Será no Recital poético-musical que ofrecerá este venres 23 de decembro de 2011, ás 20:15h na Casa da Cultura de Corcubión.
Non estara só o poeta costeiro. O acto será presentado polo xornalista muxián da Radio Galega, Xusto López Carril. Ademais, intervirá a cantautora María Dolores Oliveira, fillo do propio Manolín, que nos deixará degustar da súa voz e a súa guitarra coas cancións de toda a vida que tanto prestan ao seu pai.
Ademais, actuará o Grupo de Baile Nerio de Corcubión, que farán unha fermosa e novedosa escenificación do poema "A la izquierda del roble", de Mario Benedetti, un dos seus potas favoritos.
Máis información
- Blog Cousas de Manolín.
- radiONeria: Programa de Manolín "Realidade e Soños.
Novas relacionadas
- A bitácora da semana (CXXI): Cousas de Manolín.
- Entrevista con Manolín: Manolín aparca o fútbol e dedícase á poesía e á zarzuela.
- Un derroche de arte poético na vila da poesía.
- Diana Varela presentou o seu primeiro poemario dixital aos fillos de Pondal.
- Muxía respostou na presentación de As Crebas.