O Manuela Rial viaxou ao País das Marabillas

08:13 03/03/25
Despois de gozar da festa das Unitarias de Cee, a rapazada de Cee tivo o pasado venres 28 de febreiro, outra cita entroideira no Colexio Manuela Rial Mouzo.
A maxia invadíu ás rúas da vila da Xunqueira cun desfile no que as distintas personaxes de "Alicia no País das Marabillas" cobraron vida. Alicias, coellos, sombreireiros, lebres, Raíñas de Corazóns, etc... encheron as rúas da vila de ledicia e cor, lucindo os traxes e complementos feitos polos seus mestres e mestras. O desfile rematou na Praza da Muller, onde deleitaron ó público cunha orixinal coreografía.