As unitarias de Cee viaxaron o espazo para abrir o Entroido

Arrinca o Entroidoe faino nos centros de Ensino. No pequeno colexio de Brens (CEIP de Brens) e na Escola de Educación Infantil da Pereiriña (EEI da Pereiriña), coñecidas como as unitarias de Cee, celebraron xa onte xoves a súa comparsa de Entroido.
Caracterizáronse (cada grupo na súa escola de Astronautas) dentro dun proxecto trimestral realizado conxuntamente titulado "Navegando polo Universo". Ao longo do trimestre previamente xa iveron nos centros un planetario portátil e a lección maxistral do recoñecido Íñigo de la Quadra Salcedo.
A temática resultou máis motivadora aínda coa viaxe de Calleja ao Espazo nestes días.
Recrearon unha nave espacial e o seu cuadro de mandos, escenificaron a chegada á lúa e cantamos, diante das familias, varias cancións relacionadas co tema en galego, castelán e inglés como "O universo", "Pandeirada Sideral adaptada", "Seré un astronauta", "We´re going to the moon", "A canción dos planetas", "Viajar en cohete" e "Este planeta é divertido".
O venres continuará a festa cun baile de disfraces e larpeiradas variadas en cada escola.