Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Marcos Rodríguez asegura podio na Copa do Mundo de Fotografía

Marcos Rodríguez asegura podio na Copa do Mundo de Fotografía
Marcos Rodriguez pelexara pola Copa do Mundo de Fotografia

Ser finalista da Copa do Mundo de Fotografía xa ten cola. Pero ter garantida unha medalla é unha pasada. O fotógrafo carballés afincado en Cee, Marcos Rodríguez, xa sabe que gañará unha medalla na World Photographic Cup, algo así como a Copa do Mundo da Fotografía. Queda por saber que metal se queda, pero para iso teremos que esperar ao vindeiro 12 de abril, cando se celebre esa final en Montpellier.

MR dá un novo paso e participará na finalísima en categoría de “REPORTAGE”, e competirá con outro español, Roberto Alonso Quintana, emais cun australiano, Joshua Holko.

Para a lembranza quedará esa foto do mar enbravecido, e dos veciños de Arou escapando aquel temporal de marzo de 2014.

O vindeiro mes de abril, estaremos atentos a esa finalísima, na que estará Marcos. Para ir vendo, podedes ver como foi a do ano pasado:

Novas relacionadas

Máis información

Entrevistas con Marcos Rodríguez

Máis novas de Marcos Rodríguez

De viaxe con Marcos

Fonte

Comentarios