Domingo. 14.08.2022
El tiempo

Marcos Rodríguez aspira a gañar a Cámara de Ouro dos Fotógrafos Europeos

Marcos Rodríguez aspira a gañar a Cámara de Ouro dos Fotógrafos Europeos
MARCOS_RODRIGUEZ_QPC_DSC8119 Marcos Rodríguez viaxará a Sicilia á Final europea da FEP

Xa parece que o temos que tratar de abusón. Leva varios anos recibindo galardóns por todo o mundo, e parece que a cousa vai para longo. O fotógrafo carballés afincado en Cee, terá que volver saír de viaxe, desta volta ata Sicilia, para participar na Gala nos European Photographer of the Year Awards 2017 que outorga a FEP (Federación Europea de Fotógrafos Profesionais). Marcos é un dos 10 finalistas a Fotógrafo Europeo do ano.

Na edición pasada xa fóra finalista cun 5º e un 9º posto conseguido en dúas categorías. Rodríguez foi seleccionado por unha serie de tres fotografías no apartado de “Reportage” (que non se farán públicas ata o día da entrega de premios) e agora queda esperar para ver si o día 2 de abril farase coa “Cámara de Ouro, Prata ou Bronce” que distinguen aos tres medallistas de Fotógrafo Europeo do Ano 2017.

O evento será o 2 de abril na cidade siciliana de Catania, concretamente no Palazzo Platamone.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

comentarios