As candidatas ao Premio MAQUISABA ao 11 Ideal do FUTFEM son…
Seguimos debullando os candidatos e candidatas a facerse cun balón da Olería de Buño. Seguimos coñecendo a lista de finalistas que terán que estar, si ou si, na Gala do Fútbol da Costa -QPC que se celebra este venres 12 ás 20:00h no Centro Cultural e Xuvenil de Muros.
Hoxe traemos as finalistas do Premio MAQUISABA ao 11 Ideal do FUTFEM costeiro. Como saben escollidos a través da votación de máis de 40 persoas do noso fútbol costeiro, 2 persoas por club e unha serie de xornalistas da zona.
Estes son as candidatas a formar parte no 1-3-4-3 ideal, que formarán a base do Combinado da Costa que trataremos que poida disputar algún torneo amigable e solidario.
Candidatas ao Premio Maquisaba á Mellor Porteira
- Miriam (Cabana SD)
- Adriana Siaba (ED Os Miúdos)
- Inés Bardanca (UD Cerqueda).
Cómpre sinalar que tamén apareceron polas votacións Karen do Soneira, Peta e Rosío as dúas porteiras do Xallas, Sheila (Muxía) ou Lía (Outes).
Candidatas ao Premios Maquisaba ás Mellores Defensas
- Mai (Muxía CF)
- María Rial (Xallas FC)
- Andrea Piroja (Muxía CF)
- Lucía Ramos (UC Cee)
- Noa Forján (Soneira SD)
- Saskia (Corme CF)
A votacións lembráronse de máis de 20 xogadoras, destacando ás Ainhoa do Xallas. Máis atrás atopamos ás Ana Romero das Miúdas, Marta (Esteirana), Mariña (Cerqueda), Antía (Zas), Aroa (Corme), Alexandra Lojo (Corcubión), Facal (Xallas) ou Nerea (Cee).
Candidatas ao Premio Maquisaba ás Mellores Centrocampistas
- Patri Romaní (Muxía CF)
- Claudia Espasandín (Xallas FC)
- Paula Fandiño (CF Dumbría)
- Saray Duarte (UC Cee)
- Laura Doce (Muxía CF)
- Laura Lires (Outes FC)
- Kelly (Soneira SD)
- Yara (EF Juan Cabrejo)
Houbo ademais outras 20 xogadoras que recibiron algún que outro voto, como as Eva Lago (Muxía) e Ana Mouzo (Soneira); Tamara (Soneira); Carla Pose (Corme) e Carla Lago (Dumbría); ou as Carolina Lojo (Cee), Lucía Caamaño (Cee), Eva Carril (Ponteceso) e Uxía Lema (Soneira).
Candidatas ao Premio Maquisaba ás Mellores Dianteiras
- Bárbara (SD Esteirana)
- Eva Lema (Muxía CF)
- Claudia (Corme CF)
- Kenny (Soneira SD)
- Barca (Muxía CF)
- Paula Veiga (UC Cee)










