O alumnado do IES Fernando Blanco, finalista dos Premios de Pódcast Escolar “Xosé Mosquera Pérez”
Este luns tivo lugar no salón de actos do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela a Gala de Entrega de Premios da 8ª Edición de Pódcast Escolar Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos", organizada por Arraianos Producións. Un certame ao que se presentaban máis de 80 pódcasts recibidos de 60 centros educativos. Entre eles, un costeiro.
O pódcast presentado polo alumnado do IES Fernando Blanco quedou finalista na categoría de Ensino Secundario para Persoas Adultas. Ata alí acodiron os protagnistas do podcast ceense que aqyuí vos deixamos:<&p>
A gala de entrega destes premios desenvolveuse nun acto cheo de sorpresas, con música en directo e cunha homenaxe a quen foi a primeira estrela mediática de Galicia, a través dunha emisora de radio no noso país.
Os Premios tratan de lembrar a figura dO “Vello dos Contos”, como se lle coñecía a Mosquera Pérez, a que puido ser a primeira estrella radiofónica de Galicia. Foi nos anos 30 cando, ao amparo do Estatuto de Autonomía, a emisora Unión Radio Galiza foi chave para espallar a necesidade do estatuto. Antonio Fraguas e Mosquera eran as estrellas mediáticas do momento.


