![]()
O 1 de Xuño abrirá a súas portas o Claustro alto do colexio de Fonseca de Santiago de Compostela para acoller a exposición fotográfica “Miradas de Marfil” que foi creada polo galardoado Marcos Rodríguez na súa recente
viaxe a Costa de Marfil da man da Ong Egueire.
A inauguración desta viaxe fotográfica terá lugar mañá as 19:30h da man da periodista da TVG Begoña Fontenla, e poderase visitar ata o 1 de Xullo.
Dende a Ong Egueire agradécen a colaboración prestada por parte do fotógrafo europeo do ano e anímase a toda a xente a achegarse a Santiago de Compostela para ver estás magníficas expresións da vida cotiá marfileña.
https://quepasanacosta.gal/marcos-rodriguez-revalida-o-titulo-de-fotografo-europeo-do-ano/
https://quepasanacosta.gal/egueire-inaugura-a-nova-maternidade-de-costa-de-marfil-con-acento-da-costa-da-morte/