Marcos Rodríguez, finalista da Copa do Mundo de Fotografía


Imaxinade que o bo de Angeliño acaba xogando un Mundial. Pois algo así estamos vivindo estes días coa participación do fotógrafo carballés afincado en Cee, Marcos Rodríguez. Unha das súas imaxes (esta dun temporal en Arou o pasado marzo 2014) xa é finalista do certame IMAGING USA, que se celebra no Gaylord Opryland Convention Center, en Nashville, Tenneessee.
Segundo World Photographic Cup, Marcos entra con esta pedazo de imaxe na finalísima da categoría Reportaxe, con outros 10 candidatos de EEUU, Alemaña, República Checa, Austria, Australia, Canadá ou Letonia. Son estas as 11 mellores imaxes dos centos presentados dende máis de 25 países, e serán publicadas nunha galería na web da WPC.
Encantados estamos con esta nova, pois levamos vendo o crecemento de Marcos dende hai moitos anos. Foi colaborador desta casa durante moito tempo, facéndose un nome respectado en toda a bisbarra, ata que foi fichado, a golpe de talonario, por La Voz. Xa gañou moitos certames e temos falado con el na procura da luz ideal.
Os medallistas serán anunciados a finais de febreiro e o gañador, en Montpellier, o 12 de abril de 2015. Aí estaremos pendentes, co noso MR!

Máis información
Entrevistas con Marcos Rodríguez
- Marcos Rodríguez: “Busco a beleza de cada lugar xogando ca luz”.
- Marcos Rodríguez gaña o premio ao mellor Fotón.
- Entrevista con Marcos Rodríguez: “De todo o bo que nos pasa, sempre o convertimos en malo”.
Máis novas de Marcos Rodríguez
- Como abrir un estudio de fotografía en tiempos de crisis.
- A fin do mundo de Marcos Rodríguez .
- O Rodeiro, un campo de época.
- Marcos Rodríguez retrata “La Cocina del Camino” .
- Marcos Rodríguez gaña o Certame Vagamundos na categoría xacobea.
- Marcos Rodríguez gaña un novo certame de fotografía.
- Marcos Rodríguez gaña o premio ao mellor Fotón.
- As mellores fotos do Ralli.
- As imaxes máis brutas do San Fins do Castro 2009 nun vídeo de Marcos Rodríguez.
- O temporal tralo obxectivo de Marcos Rodríguez.
- Marcos Rodríguez caza o temporal en Camelle.
- Marcos Rodríguez gaña o Maratón Fotográfico Ambiental de Vimianzo.
- Viaxa con Marcos Rodríguez polo solpor da Costa da Morte.
- Marcos Rodríguez fai doblete no concurso fotográfico de Fisterra.
De viaxe con Marcos
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).