Venres. 26.04.2024
El tiempo

Marcos Rodríguez organiza un Curso de Iniciación á Fotografía Dixital

Marcos Rodríguez organiza un Curso de Iniciación á Fotografía Dixital

Quen mellor que o sucesor de Ramón Caamaño para impartir un Curso de Fotografía na Costa da Morte?

Non é outro que Marcos Rodríguez, o fotógrafo carballés afincado en Cee, organiza un Curso de Iniciación Fotografía Dixital para este vindeiros meses, co que poderemos aprender todos os trucos que o fan un dos mellores fotógrafos da bisbarra e mesmo do país.

Datos do curso

O curso constará de 20 horas repartidas entre os martes e sábados entre o 14 de febreiro e o 17 de marzo.
Os horarios serán de 20:00h a 22:00h os martes e de 9:00h a 12:00h os sábados, e as clases desenvolveranse no Restaurante Praia de Quenxe de Corcubión, se ben haberá saídas para fotografar paisaxes e recunchos da zona.

Iso si, é necesario ter cámara réflex para asistir ao curso, que ten un custe de 160€. As prazas son limitadas, así que apura para reservar praza.

Inscricións

Máis información

Comentarios