Venres. 29.03.2024
El tiempo

Marcos Rodríguez representará por terceira vez a España no Mundial de Fotografía

Marcos Rodríguez representará por terceira vez a España no Mundial de Fotografía
Marcos Rodriguez por terceira vez a WPC O carballés Marcos Rodríguez, vai por terceira vez á WPC

Deja vu, estará pensando Marcos Rodríguez. Van dous anos de vertixe para el. Era abril de 2015 cando volveu de Montpellier coa medalla de Prata da World Photographic Cup. Despois de varias nominacións tamén recibiu o galardón de “Fotografo Distinguido” e doble “Fotógrafo do ano” pola FEPFI hai apenas un mes. E sen tempo a dixerilo, a AFOC confirma que o fotógrafo carballés será un dos membros da “Selección Española” que represente a España na Copa Mundial de Fotografía.

Por terceiro ano consecutivo participa o profesional afincado en Cee. Nesta edición “MR” volve estar seleccionado na categoría de reportaxe gráfico, a mesma coa que gañou a prata mundial. Participará cunha imaxe dun incendio no anexo dunha casa da Pereiriña (Cee) que xa lle serviu para que recibir o premio da FEPFI.

imaxe-dun-incendio-de-marcos-rodriguez-que-vai-a-copa-do-mundo-de-fotografia A foto dun incendio na Pereiriña vai camiño da Final da Wordl Photo Cup

Único galego

Marcos Rodríguez é tamén o único galego nesta edición, do mesmo xeito que o foi nas dous anteriores. “Un orgullo” comenta este carballés, “poder representar á súa terra a tan alto nivel para que sirva así de pasarela a que a xente coñeza Galicia e a Costa da Morte” lugar no que reside e do cal é sen dúbida, un embaixador de excepción.

O equipo español estará representado por outros 16 membros máis de diferentes partes de España, Almendralejo, Valencia, Elda, Cádiz, Talavera de la Reina?

Camiño da final

Agora toca esperar ao próximo día 9 de xaneiro onde se farán públicos os finalistas definitivos, en San Antonio (Texas, USA). Se todo é favorable, os diplomas para os dez finalistas, así como as tres medallas entregaranse este ano en Yokohama, Xapón o 23 de febreiro.

federación deu a coñecer no día de hoxe: Días atrás comentabamos que estabamos á espera do fallo do xurado da WPC, agora xa é oficial o seu fallo e teremos que esperar ao próximo 9 de xaneiro na cidade de San Antonio (Texas, USA) daranse a coñecer os finalistas definitivos, así que un pouco máis de paciencia pero neste momento si que xa podemos dar a coñecer a candidatura que oficialmente presentouse para esta próxima edición 2017 e onde esperamos como mínimo alcanzar a 4ª posición que ostenta a representación Española os dous últimos anos. Segundo a nota oficial da organización podemos saber que 21 dos 26 equipos obtivo polo menos un finalista e 17 obtiveron medallas! Nota oficial aqui: www.worldphotographiccup.org  

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios