Marcos Rodríguez revalida o título de Fotógrafo Europeo do Ano

22:07 25/03/18

Volveuna liar. Marcos Rodríguez, que xa se fixera o ano pasado coa aprezada “Golden Camera” da Federación Europea de Fotógrafos Profesionais FEP, acaba de revalidar, na súa terceira final consecutiva, o título de Fotógrafo Europeo do ano, recibindo a “Cámara de Ouro" na categoría de Reportaxe.
A gala de entrega tivo lugar a tarde deste domingo 25 de marzo en Bray (Irlanda). O fotógrafo carballés afincado en Cee, gañou este premio con tres fotografas, unha dun incendio en Cee, outra dun vendedor de paraguas en Sicilia, e a terceira, unha nena chorando nun orfanato de Costa de Marfil.
A puntuación obtida polas tres foi a máis alta de todas as finalistas, o que outorga a Rodríguez o Golden "Camera of the Year Award in Reportage".



Novas relacionadas
- Febreiro 18:Marcos Rodríguez volve á final da “Eurocopa” de fotografía.
- Outubro 17: Marcos Rodríguez xa é todo un Maestro Fotógrafo.
- Abril 17: MR: A Cámara de Ouro da fotografía europea é costeira.
- Marzo 17: A Federación Española de Fotógrafos concédelle dous novos recoñecementos a Marcos Rodríguez.
- Marzo 17: Marcos Rodríguez, o fotógrafo máis internacional da historia da Costa da Morte, expoñendo na casa
- Febreiro 17: Marcos Rodríguez aspira a gañar a Cámara de Ouro dos Fotógrafos Europeos
- Decembro 16: Marcos Rodríguez representará por terceira vez a España no Mundial de Fotografía.
- Outubro 16: Marcos Rodríguez, “Fotografo Distinguido” e doble “Fotógrafo do ano” pola FEPFI.
- Febrero 16: MR, no Top Ten dos Fotógrafos Europeos.
- Xuño 16: Marcos Rodríguez homenaxea á xente da Costa da Morte a través dunha exposición de fotografía
- Xaneiro 16: Marcos Rodríguez, de nominación en nominación
- Xaneiro 16: Marcos Rodríguez aspira a convertirse no Quijote da fotografía estatal.
- Decembro 15: “Repetir a medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía antóxase difícil, pero soñar é gratis”.
- Abril 15: “Gañar a medalla de prata nunha Copa do Mundo de Fotografía cunha imaxe da Costa da Morte… Emocióname”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- FEF.