Medio centenar de persoas concéntranse na base do heliporto de Rubio

Unhas cincuenta persoas concentrarónse o pasado domingo diante do heliporto de Ruibo-Lires, para reclamar a posta en marcha da instalación e a volta do aparato a instalación, nunha convocatoria realizada polo BNG no marco dunha nova campaña.
Entre os asistentes estaba o alcalde de Carnota, Moncho Noceda, o deputado Daniel Rodas, Rafa Mouzo, exalcalde de Corcubión, e diferentes concelleiros e concelleiras do Bng na bisbarra. Ademais, varios profesionais do mar acudiron a cita, na que se portaba unha pancarta co lema “As nosas vidas non teñen prezo. Heliporto Xa!!!”

Dende o BNG aseguran que seguirán a tomar medidas de presión, como xa anunciaban a semana pasada, tanto no eido das administracións, parlamento galego e español, como na rúa.

Posibles causas da marcha do helicóptero

Recoñece o BNG que “comezan a soar rumores, máis que fiables, de que a base non pode ser operativa pola súa ubicación por razóns meteorolóxicas, o que contradí aquilo que se dicía no momento de decidir onde se ubicaba, o mellor sitio para evitar os bancos de néboa“.

De ser así, “o goberno está obrigado a dar as explicacións pertinentes, de tomar as medidas precisas para salvar esas eivas, e sobre todo de buscar responsables de tamaña desfeita, na que se invertiron case dous millóns de euros, para agora descoñecer o futuro da instalación, a mais, claro está, de seguir coa vida dos profesionais do mar sen a protección debida”, denuncian.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Costa da Morte.