Miro Villar presenta a súa Dorna Saudal de Antón Zapata en Santiago
07:16 12/06/18
El mesmo xa nos falou da obra. E toca presentala en sociedade. Este mércores, 13 de xuño, ás 20:00 horas, o poeta ceés Miro Villar presenta na Sede Afundación (Casa Grande do Pozo. Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela) o libro “Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García”, editado por Fervenza.
Acompañan ao autor no lanzamento desta obra sobre o poeta de Laxe, Antón Zapata García., Pilar Sampedro, vogal do Ateneo de Santiago e Francisco Fernández Rei, académico da RAG.