Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Miro Villar descubrirá a espiña dorsal da súa poesía cun roteiro formativo por Cee

Roteiro Miro Villar
Miro Villar descubrirá a espiña dorsal da súa poesía cun roteiro formativo por Cee

Este sábado 23 de setembro, da man do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI, da man de Carlos Rodríguez Pérez), o noso Miro Villar guiará un roteiro literario pola súa vila natal, Cee. Trátase dunha acción formativa para o profesorado do país, que servirá para valorar unha correcta aproximación literaria a un lugar.

Para iso, o mestre ceense no IES de Trazo, preparou unha completísima memoria de 68 follas, que repartirá entre os mestres participantes. O autor descubrirá a espiña dorsal da súa poesía, levando polos tempos do Batallón Literario da Costa da Morte ata a actualidade.

Estará acompañado de Víctor Castiñeira, que fará unha introdución histórica de Cee; visitarán o Monumento ás Liberdades do Paseo Marítimo; realizarán unha breve visita guiada ao Museo Fernando Blanco da man de Darío Areas (vivan os colaboradores de QPC!); acodirán ao Pazo de Cotón e ao IES Fernando Blanco; achegaranse ata a baleeira de Caneliñas e ata a fervenza do Ézaro, e mesmo se achegarán á Praza José Carrera de Corcubión.

Poderán escoitar os poetas da fin da terra, Modesto Fraga e Alexandre Nerium, pois tamén visitarán o Faro Fisterra tras facer un percorrido marítimo ata as Illas Lobeiras.

 

ARTIGOS DE MIRO VILLAR EN QPC

 

Comentarios