O Nadal impregnou a despedida dos coles
Este xoves día 22 foi día de despedidas nos centros de ensino da comarca. Entre eles o Colexio Plurilingüe Manuela Rial Mouzo, que aproveitou a data para celebrar os Actos de Nadal que puxeron colofón a un intenso trimestre.
A primeira hora da mañá, na capela do Centro, cantaron unhas Panxoliñas nun acto presidido polo párroco Desiree Kouakou.
Xa no Salón de Actos, e con numerosas familias implicadas, desenvolveron dous festivais. Moi celebrada foi a actuación do alumnado de Educación Infantil co seu musical “Chegou o Nadal” e as súas cancións en inglés.
A continuación o Festival de Primaria e ESO. O grupo de 4º Primaria escenificou “O árbol de Nadal”, peza teatral adaptada para a ocasión.
Por último, o Coro do Colexio dirixido por Isidro Caamañou interpretou varias cancións moi celebradas polo público que foron o preludio á entrega de Premios e a Clausura do Acto.