Venres. 19.04.2024
El tiempo

Noite de accidentes

Noite de accidentes

Foi a pasada noite do luns 9 de xaneiro unha noite na que os acidentes volveron ser tristes protagonistas.

O máis impactante e que mantiña en vilo á capital soneirá, tivo lugar en Calo, na estrada que vai de Vimianzo a Camariñas, a altura do Kartin. Un vehículo Xantia e unha pequena furgoneta colisionaban, deixando unha persoa ferida, que tivo que ser trasladada ao Hospital.

Bombeiros, Garda Civil e Protección Civil acodiron ao lugar.

Accidente en Cee

Unha hora antes do suceso vimiancés, sobre as 21:30h, producíase unha colisión entre dous turismos en Cee. A condutora dun dos vehículos tivo que ser trasladada por unha ambulancia do 061.O condutor e acompañante do outro vehículo atopábanse no lugar sen feridas.

Os Bombeiros tiveron que sinalizar a incidencia e posteriormente levar a cabo a limpeza de estrada tras a retirada dos vehículos sinistrados.

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios