Sábado. 28.11.2020
El tiempo

O novo PAC de Cee xa está operativo no Centro de Saúde

O novo PAC de Cee instalado no Centro de Saúde
O novo PAC de Cee instalado no Centro de Saúde
O novo PAC de Cee xa está operativo no Centro de Saúde

Onte entrou en funcionamento o novo Punto de Atención Continuada de Cee. Faino, trala súa reubicación, debido á situación pandémica que vivimos, nunha nova ubicación: o Centro de Saúde de Cee, para poder manter os circuítos de atención e illamento diferenciados para pacientes con patoloxía respiratoria.

Explican que anteriormente os servizos de atención de urxencias extrahospitalarias (PAC) e ao servizo de urxencias hospitalarias (Hospital Público de Cee) tiñan dúas entradas diferenciadas pero contiguas.
Agora, o novo PAC sitúase no edificio do Centro de Saúde con entrada e circuítos alternativos, permitindo o funcionamento independente do Centro de Saúde.

As obras, que contaron cun investimentode 150.000€, permiten que as ata agora consultas de xinecoloxía e pediatría (que foron trasladadas ao espazo que ocupaba a sala de xuntas), se convirtan agora nunha superficie de 390 m2 para o PAC.

O PAC conta así con 4 consultas, das que 2 serán de pediatría, 1 para a matrona e 1 para a enfermeira pediátrica. Ademais dunha sala de espera para pacientes. O seu horario é de luns a venres laborais de 15:00h a 8:00h, e sábados, domingos e festivos durante as 24 horas.

Sala do PAC de Cee

comentarios