Novos recortes no HVdX ao non cubrir vacantes, que provocarán o peche de camas durante o verán


Nova e grave denuncia da CIG ante as pretensións da Xerencia do Hospital Virxe da Xunqueira. Un verán máis pecharanse camas, a pesar de que “as persoas enfermas non van de vacacións”, como denuncia a CIG. Unhas pretensións que afondan no “proceso de desmantelamento” do hospital comarcal.
Baixa de profesional cuberta por residente
A realidade é que xa a día de hoxe hai menos operacións en traumatoloxía porque marcharon algúns profesionais e son residentes os que cubren as súas vacantes, facendo consultas e axudando en intervencións pero sen poder facer ciruxías complexas.
Os anestesistas están igual, sen cubrir as baixas dun que marchou e doutro que está de baixa.
Fontes achegadas ao centro aseguran que se van suprimir camas en medicina interna (de 36 a 24) (onde tampouco vai haber novas contratacións), e se fan falta se reubicarán en planta de ciruxía, obstetricia e pediatría, todos mesturados.
A CIG de Saúde pregúntase até cando van seguir os recortes “e até cando van tratar a nosa poboación como usuarias/os de segunda división”. “O Hospital Virxe da Xunqueira atende a unha poboación avellentada e que se atopa a 90 km do hospital da Coruña. Desmantelar un hospital próximo á poboación e que funciona ben, que presta un servizo básico e esencial para a poboación, non é defender a sanidade pública”.
Novas relacionadas
- Xaneiro 18: SOS Sanidade Pública presentalle á Deputación o calendario de concentracións polos cambios na Lei de Saúde.
- Novembro 17: A Sanidade, a medias, ponse en folga.
- 25-10-17: Non máis Escravos do SERGAS
- 24-10-17: A comunidade sanitaria únese pola mellora das condicións laborais e salariais.
- Outubro 17: Loli Toja: “É unha gran satisfacción conseguir que aumenten o servizo de diálese no HVdX de 8 a 24 pacientes diarios”.
- Xullo 17: Denuncian de novo o desmantelamento paulatino de servizos do HVdX.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).