Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica
07:05 10/11/16
Boa resposta municipal á concentración de apoio ás demandas das traballadoras e traballadores o vindeiro sábado día 12 de novembro ás 17 horas en Cee.
Por Vimianzo
Manuel Antelo - alcalde de Vimianzo - acaba de sacar un bando animando á cidadanía a apoiar as reivindicacións do cadro de persoal das factorías de Ferroatlántica en Dumbría e Cee. No bando explícase que o Comité de Empresa de Ferroatlántica está a desenvolver distintas accións para evitar que a entidade segregue as actividades industriais e as de produción de enerxía. Esta segregación suporía, de facto, o peche das factorías de Dumbría e Cee. "Este peche tería un custo social moi elevado na comarca, pois nas ditas factorías xenéranse ao redor de 400 postos de traballo directos" sinala o alcalde de Vimianzo no bando.Por Mazaricos
Este venres será o pleno en Mazaricos onde o BNG levará a cabo unha moción de apoio aos empregados das centrais hidroeléctricas Cee-Dumbría xestionadas por Ferroatlántica S.A.
Dende Fisterra
Dende o Concello de Fisterra a través das redes sociais tamén animan "a todos os veciños/as a acudir a concentración convocada polo Comité de Empresa de Ferroatlantica de Cee-Dumbria centráis hidroeléctricas", entendndo que son de "interese público" e que é necesaria garantir os postos de traballo.
Artigos relacionados
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-01-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Vimianzo