Venres. 19.04.2024
El tiempo

O alumnado do Ceip Eugenio López de Cee convértese en "iutuber"

O alumnado do Ceip Eugenio López de Cee convértese en "iutuber"
Seguro que moitos deles soñan con ser "iutubers" algún día. Así que nada mellor que poñer en marcha os seus soños para coñecer de primeira man a realidade. Os alumnos e alumnas de sexto de primaria do Ceip Eugenio López de Cee comezaron a publicar no canal de Youtube una serie de videos nos que durante un minuto explicar un tema de interese xeral. "Iutubers dende Cee", así é como se chama o programa dirixido polo profesor Rubén Neira, xa publicou tres vídeos sobre distintas temáticas: as Letras Galegas, o Monte Pindo e Ferroatlántica. O único que non cambia é o título: "A ... explicada nun minuto" nin a música de cabeceira nin do final que corre da man de Sés. O éxito xa está asegurado, xa que algúns dos vídeos xa pasan das 300 visualizacións. "As características do Monte Pindo explicadas nun minuto"
"A empresa Ferroatlántica explicada nun minuto"
Novas relacionadas Fonte

Comentarios