Mércores. 17.04.2024
El tiempo

O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación

O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
O BNG Costa da Morte vén de mostrar o seu apoio ao Comité da empresa Ferroaltántica que lle esixe á Xunta “a non segregación das actividades produtivas e o mantemento de postos de traballo en Cee e en Dumbría, así como as inversións necesarias para este fin” despois de que o grupo anunciase a apertura dunha nova fábrica de silicio en Sabón. "Apoiamos o comunicado na súa totalidade, e poñémonos a disposición dos traballadores e traballadoras para a posta en marcha das medidas que se crean necesarias" ratifica nunha nota de prensa o BNG Costa da Morte. Neste sentido, os nacionalistas veñen de solicitar unha reunión co comité da empresa co fin de que a partir do próximo venres 21 - día no que se forma o Parlamento galego - se poidan coordinar e pór en marcha as iniciativas que se consideren oportunas. Para o BNG Costa da Morte, as fábricas de Ferroatlántica situadas en Cee e en Dumbría teñen unha especial relevancia na economía da comerca xa que é a empresa que máis postos de traballo xera.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios