![]()
O BNG de Cee comeza un percorrido por todo o concello de Cee, informando sobre o que se deu en chamar o Catastrazo, o novo recibo da contribución. Este sábado 29 as 20 horas comeza a serie de charlas informativas na sala de conferencias da Casa da Cultura en Cee, e posteriormente se desenvolverán polas parroquoas.
Dadas as información, que case a diario saen na prensa do que está a pasar noutros concellos, onde a regularización catastral xa é efectiva, desde o BNG queren "pór en aviso a todos os vecinos e veciñas de Cee e das súas parroquias, xa que ditos recibos están a chegar con erros importantes, con medicións mal feitas e baseándose en fotografías feitas sen entrar nas propiedades, e incluso feitas por drons".
Ademais, hai que ter en conta que calquer edificación superior a 15 metros cadrados pasa a tributar, polo que os erros se multiplican con moita facilidade.
Informar sobre como e cando reclamar, ou as sancións que poden caer son outros dos puntos que tratarán nas reunións, ademáis de escoitar as dúbidas que poida surxir por parte dos e das asistentes.
Fonte