Martes. 05.11.2024
El tiempo

O BNG propón a creación dunha brigada de obras de limpeza municipal

O BNG propón a creación dunha brigada de obras de limpeza municipal
Postes de luz perigosos en Cee Postes de luz perigosos en Cee

Solicitaba a semana pasada o arranxo da rúa que sobe ao IES AGra Raíces. Desta volta aproveita para pedir outra mellora urbanística: a eliminación de varios postes da luz que están en estado lamentables. Precisamente unha das rúas afectadas é a rúa Buenaventura Castro Rial, a mesma que subida cara o instituto. Pero ademais apuntan ao poste que hai na rúa que vai a O Son, fronte ao tanatorio A Xunqueira.

Así, para esta clase de operacións, por exemplo, sería unha cousa interesante para o Concello contar cunha Brigada Municipal de Obras e Limpeza. O BNG vén de presentar po escrito a creación da mesma ao amparon dunha convocatoria de axudas da Xunta aos concellos na que se subvenciona a contratación de persoas desempregadas.

Unha brigada que se encargue de desbrozar as rúas e pistas das parroquias, así como acometer pequenas obras na vila ou axudar nas labores de xardinería.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-bng-pide-o-arranxo-da-rua-de-subida-ao-ies-de-raices/

Comentarios