O BNG reclama ao Estado dez millóns de investimentos na Costa da Morte

09:00 23/09/15

- O saneamento integral da ría de Corcubión. Os do BNG consideran necesarios 3 millóns de euros para acometer as accións de saneamento e depuración integral da ría, a limpeza dos seus fondos para a mellora a ambiental e a recuperacións dos seus bancos marisqueiros.
- A construción da base de loita contra a contaminación mariña. Segundo os nacionalistas, o porto de Brens reúne as condicións axeitadas para albergar esta base e un investimento dun só millón de euros sería suficiente para a súa habilitación, equipamento e dotación.
- Ademais, os membros do BNG da Costa da Morte reclaman a mellora das instalacións do heliporto de Rubio-Cee para o que consideran que se precisa unha inversión de 600.ooo euros co fin de que se poña en marcha unha instalación “practicamente sen estrear”.
- E por último, entre as súas enmendas atópase levar a cabo unha actuación integral para a promoción cultural internacional do cabo Fisterra como referente e dinamizador turístico da Costa da Morte para o que valoran que se necesitarían 5 millóns de euros. Dentro desta actuación contemplaríanse actividades de ordenación de espazos e usos, xestión do fluxo das 300.000 visitas anuais que recibe e outras accións artísticas e culturais que reforcen o papel deste lugar emblemático.
- A tráxica e real historia, erro tras erro, do inoperante heliporto de Salvamento da Costa da Morte
- Os 5 alcaldes costeiros do BNG comezan a rolda de xuntanzas períodicas
- Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte.
- O BNG reitera no Parlamento o informe sobre o estado da ría de Cee-Corcubión
- 24-11-14: O BNG presenta 20 enmendas aos Orzamentos da Xunta para a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Nota de prensa do BNG