O BNG reitera no Parlamento o informe sobre o estado da ría de Cee-Corcubión


Sen dúbida, é un dos problemas históricos da comarca de Fisterra. A contaminación da ría de Corcubión, asolagada de metais pesados industriais e de coliformes pola falta de saneamento, é unha das reivindicacións históricas das vilas de Cee e Corcubión. Todas as oposicións sacan o tema a cotío, sendo o BNG o máis reivindicativo. O asunto xa foi entre as enmendas dos orzamentos da Xunta do ano pasado, e esta semana, a deputada do BNG, Ana Pontón, preguntaba polo estado das Rías Galegas no Parlamento, preguntando polo informe que xa lle solicitaran á Xunta sobre o estado da “ría de Cee-Corcubión” (como a denomina o grupo opositor) e sobre o que aínda non houbo resposta.
A cuestión chegou no marco dunha intervención para sanear as rías galegas ante os problemas detectados nalgunhas depuradoras, lembrando que da calidade das augas depende a grande actividade económica do marisqueo, pesca e turismo.
Lembran que “Feijóo anunciou 1.000 millóns de euros”, pero ao mesmo tempo “a Xunta recoñece os problemas e amparase en que hai 25 anos estamos peor nesta materia.
Pola súa parte, o director xeral de Augas de Galiza, Gonzalo Mosquera reiterou que na actualidade existen 153 depuradoras fronte unha hai 25 anos. Unha delas é a de Malpica, en construción.
Novas relacionadas co saneamento da ría de Corcubión
- 24-11-14: O BNG presenta 20 enmendas aos Orzamentos da Xunta para a Costa da Morte.
- 30-10-14: O BNG pide incluír nos Orzamentos a base de Lires e o saneamento da ría de Corcubión.
- 21-04-14_ O saneamento da ría de Corcubión centrou a visita costeira de Ana Miranda.
- 21-10-14: Cee di adeus á fábrica de tubos.
- 09-07-13: O Concello de Cee insta á Xunta a acometer dúas obras urxentes de saneamento para a ría de Corcubión.
- O BNG denuncia que o PP quere obrigar aos Concellos a financiar o saneamento da ría de Corcubión.
- O PP culpa ao BNG de non dar un paso polo saneamento da Ría de Corcubión.
- O BNG esixe o saneamento integral da ría de Corcubión.
- 14-04-10: A caño libre.
Fonte
- Nota de prensa do BNG.