O PP culpa ao BNG de non dar un paso polo saneamento da Ría de Corcubión


A Comisión de Medio Ambiente do Parlamento galego debateu esta mañá unha proposición non de lei sobre o saneamento integral da "ría de Corcubión e Cee", como a denominan dende o PP, presentada polo BNG, á que o Grupo Popular presentou unha emenda “co obxectivo de consensuar unha resolución conxunta de todos os grupos parlamentarios”. A deputada do Grupo Popular Marisol Piñeiro presentou a emenda solicitando a colaboración dos concellos, “por ter as competencias en saneamento e afectarlles directamente estas obras medioambientais”.
Unha emenda que foi rexeitada polo BNG, que pediu en numerosas ocasións o saneamento da zona. A decisión foi criticada polo PP por considerar que "a cerrazón do BNG impide dar un paso adiante".
Piñeiro recoñecía que a depuradora construída nos anos 90 é unha "medida escasa e pouco eficaz”.
Novas relacionadas
- O BNG pide que a suposta chegada da fábrica de tubos traia o saneamento da ría.
- O BNG esixe o saneamento integral da ría de Corcubión.
- Os mariscadores da Zona V rexeitan a localización da fábrica de tubos.
- 14-04-10: A caño libre.
Fonte
- Nota de prensa do PP.