O BNG únese este sábado en Cee contra a Reforma Laboral
08:55 22/03/12
O Consello Comarcal da Costa da Morte do BNG acordou organizar un importante acto na nosa bisbarra contra a Reforma Laboral aprobada recentemente polo goberno central.
Unha Reforma que catalogan como "o maior ataque aos dereitos das e dos traballadores desde que vivimos en democracia" .
Así, o BNG da Costa da Morte fai un "chamamento público a toda a militancia para que acuda en masa a este acto público", que terá lugar o vindeiro sábado, día 24, ás 19:30 horas, no Hotel Ínsua (Cee).
Na sesión intervirán o Responsable local de Cee, Serxio Domínguez Louro, o secretario local da CIG, Xabier Santos Canosa, o Responsable Comarcal, Modesto Fraga e o deputado e portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera.
Novas relacionadas
- O BNG de Bergantiños, xa sen un concelleiro de EI de Malpica, prepara a folga.
- Conformado o Consello Comarcal do BNG na Costa da Morte.
- O Consello Nacional do BNG conta xa con dous representantes da Costa da Morte.
- O PP respalda as negociacións co BNG en Muros que fan perigar o goberno de Carnota.
- A Xunta explica o Plan Revive na Costa da Morte.
Fonte
- Nota de prensa do BNG Comarcal.