Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market

O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market
Enrique Perez Sampedro e Pablo Canosa na WTM Enrique Perez Sampedro e Pablo Canosa na WTM

No sector turístico, coma no agro, hai que sementar se queres ter unha boa colleita. E é o que lle toca aos empresarios do sector unha vez pasada a temporada alta. Unha temporada de verán que se estirou por mor do bo tempo, e que permitiu rematar con grandes números.

E precisamente sementar é o que foron facer Pablo Canosa e Enrique Pérez Sampedro a London, para participar na World Travel Market, unha das feiras turísticas máis importantes do mundo. O primeiro en calidade de responsable de APTCM e do CMAT, ademais de representando ás Eiras de Lires, e o segundo como membro do Hotel Insua e Travels to Finisterre, formaron parte da nutrida expedición galega (hai un par de anos apenas ían 4 persoas), demostrando que Galicia vai valorando pouco a pouco estes espazos de promoción.

Expedicion galega na WTM Nutrida presencia galega na WTM

Os nosos representantes consideran que foi unha campaña moi produtiva, que “seguramente sairán bastantes cousas para a zona, sobre todo en materia de sendeirismo”, recoñece Pérez Sampedro. “Sen dúbida, o produto estrella e o que máis éxito tivo foi o Camiño dos Faros”, apunta.

Ambos tiveron unha reunións con touroperadores de Reino Unido, Alemaña, Italia, Portugal e como, de España. Ademais do Camiño dos Faros, tamén se falou moito do Camiño de Santiago ata Fisterra-Muxía, de actividades de aventura, surf ou avistamento de aves (bird watching) como produtos máis demandados.

”Se as cousas non se torcen, conseguiremos negocio”, avanza un Pérez Sampedro que considera clave para dinamizar o tecido empresarial da zona o feito de ir buscar clientes. E hai que recoñecer que hai moito traballo aí detrás, cun Pablo Canosa buscando reunións concretas e nichos de mercado que se poden abrir.

Enrique Perez Sampedro e Pablo Canosa a esquerda na WTM Enrique Perez Sampedro e Pablo Canosa, á esquerda, na WTM

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios