xoves. 01.05.2025
El tiempo

“O Camiño pasa por onde pasa”

“O Camiño pasa por onde pasa”
Sinais pintadas no Camino en Lires 2 Sinais enganosas pintadas no Camiño por Lires

Non é a primeira nin será a última. Pintadas nas estradas, carteis publicitarios… hai numerosas circustancias que só serven para enganar ao peregrino e, de paso, facerlle un dano dificilmente remediable á nosa galiña dos ovos de ouro, o Camiño.

Así o denuncian, de forma anónima, uns “veciños de Lires”, que mandan estas imaxes dunhas pintadas na estrada que enganan aos peregrinos facéndolles marchar da ruta orixinal. “Non está ben facer pintadas, porque o Camiño pasa por onde pasa e iso é un engano para os peregrinos”, sinalan varios establecimentos do lugar ceense, que en todo caso, non queren sinalar culpables, como si fan os denunciantes anónimos. “É moi elástico acusar sen ter visto aos culpables”, apuntan dende outro establecimento local.

O problema é que afectados somos todos, non só os rexedores de establecimentos hostaleiros de Lires. A imaxe da Costa da Morte resíntese con cada detalle deste calado. “O que hai que é que sinalizar ben a zona. Que na Pereiriña se sinalice “Lires” e non os establecimentos”, sinala unha propietaria. “Non podemos seguir enganando aos peregrinos, nos cruces tense que anunciar por onde vai o Camiño, non só os establecimentos”.

E nese sentido, apuntan varias situacións que provocan as iras dos visitantes, como un sinal que indica “A Fisterra pola costa”, pero non indica que é só para peatóns, polo que ducias de coches teñen que dar a volta co conseguinte cabreo.

De novo, e máis alá das acusacións persoais, a realidade é que temos que coidar e mellorar a sinalización para ter un “Camiño xusto e necesario”.

Sinais pintadas no Camiño en Lires Sinais pintadas no Camiño en Lires

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios