mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Capitalismo resultou culpable nos Premios do Fernando Blanco

O Capitalismo resultou culpable nos Premios do Fernando Blanco
Finalistas nas Olimpiadas o Saber ten premio do IES Fernando Blanco de Cee Finalistas nas Olimpiadas o Saber ten premio do IES Fernando Blanco de Cee

Un ano máis, tivo lugar no IES Fernando Blanco a Gran Final da V Olimpíada Cultural O Saber Ten Premio. Chegaron á estas finalísimas, despois de varias eliminatorias nas que comezaron 13 equipos, só os 3 máis "sabedoriños": Solpor, A culpa foi do capitalismo e Os obrigados, nomes que dan conta da intencionalidade desteas xornadas, que non é outra que a de fomentar o interese pola cultura e o saber.

A gala estivo conducida por Darío Areas, secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e responsable do seu Museo, contou cunha nutrida presenza de familiares do alumnado participante que, ademais, puideron asistir a varias actuacións musicais.
Uns premios que contan co patrocinio de Ferroatlántica, e que contou coa presencia do seu director Carlos Oliete Fernández, remarcando o marabillosas que son estas iniciativas de formación. Tamén estivo presente a inspectora de educación Magdalena Duarte Blanco.

Carlos Oliete estivo na entrega das Olimpiadas do IES Fernando Blanco Carlos Oliete estivo na entrega das Olimpiadas do IES Fernando Blanco

Unha final en dous actos

Esta final constou de dúas partes. A primeira parte, na que os tres equipos tiveron que contestar a 20 preguntas extraídas ao chou entre 970 preguntas elaboradas por todo o profesorado do centro e de todas as materias que se imparten no IES Fernando Blanco, mediante un programa informático elaborado por Martín Pardiñas Fondo. Nesta primeira parte resultaron clasificados os equipos Os obrigados e A culpa foi do capitalismo con 16 puntos cada un.

A segunda parte consistiu nun debate sobre o tema "A realización persoal depende da maneira en que un se relacione consigo mesmo ou da súa circunstancia e o seu entorno", na que os dous equipos defenderon posturas opostas. Esta parte foi xulgada por un xurado composto por profesorado do centro.

Despois destas dúas partes resultou gañador do 1º premio, dotado con 600 €, desta V Olimpíada Cultural o equipo "A culpa foi do capitalismo", composto por: Sergio Grandío Rodríguez, Aida Pérez Lago, Yeray Ruíz Lourido e Alejandra Verdía Couto.

En 2º lugar, cun premio de 400 €, quedou o equipo Os obrigados, composto por: Tomás Lagoa Blanco, Noelia Sande Lado, Patricia López Castro, Santiago Salgueiros Buiturón e Gemma Felipe Solano.

O 3º clasificado, galardoado cun premio de 300 €, foi o equipo Solpor, composto por: Sara Caamaño Figueroa, Noelia Sánchez Domínguez, Virginia Santiago Santalla, Nicolás Espasandín Insua e Tania Martínez Carril.

Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • IES Fernando Blanco

Comentarios