Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O CEIP Eugenio López aproba, á terceira, a Xornada Única

O CEIP Eugenio López aproba, á terceira, a Xornada Única
Votacion da Xornada Unica no CEIP Eugenio Lopez-Foto-Rafa Quintans Votación da Xornada Única no CEIP Eugenio López-Foto-Rafa Quintáns

”Pensamos que sería unha mellora da calidade de vida dos nosos nenos”, relatan. Con esa idea leva a ANPA Uxío un mes de “campaña” para conseguir a aprobación da Xornada Única no CEIP Eugenio López. É unha problemática que se repite en moitos centros de ensino da bisbarra. Desta volta, a de onte era a terceira votación que se facía no centro ceense nos últimos anos, e “á terceira foi a vencida”, como vaticinaban.

Cunha participación altísima, do 82%, saíu aprobada a Xornada Única con 208 votos a favor, 45 en contra e 1 en branco.

Dende a ANPA manifestan a súa satisfación e queren deixar claro que se manterá o comedor escolar, o servizo de transportes e as actividades extraescolares. O horario cambiaría pasando de 10:00 a 13:00h, de 15:00h a 17:00h a unha xornada única de 9:30 a 14:30, pero se manterá o comedor ata as 15:30h, e a partir de aí segue activas a actividades extraescolares ata as 17:00h.

Satisfaccion tralo reconto da Votacion da Xornada Unica no CEIP Eugenio Lopez-Foto-Rafa Quintans Satisfacción tralo reconto da Votación da Xornada Única no CEIP Eugenio Lopez-Foto-Rafa Quintans

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios