Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia

O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia
mobilizacion-ferroatlantica mobilizacion-ferroatlantica Despois das enormes mostras de apoio que recibiron os traballadores de Ferroatlántica ante a ameaza de peche das fábricas de Cee e Dumbría, o Comité de Empresa mantivo hoxe unha reunión coas centrais sindicais na que se acordou a celebración de asembleas o vindeiro venres nos centros de traballo para a organizar o inicio dun peche no Concello de Cee a partir do vindeiro luns, 21 de novembro. Así mesmo, durante a reunión acordouse a celebración de concentracións diarias - de 18:30 a 19:30 horas - diante do concello ceense así como seguir recadando apoios a través de reunións e recollida de sinaturas. Este tipo de medidas levaranse a cabo para esixir a intervención inmediata da Xunta para que paralice a venda, manifestan dende o Comité de empresa. "Non chega con declaracións ambiguas de garantía do postos de traballo, nin que o PP da comarca se sitúe detrás dunha pancarta mentres o seu goberno pode ser o verdugo da comarca. A única garantía dos postos de traballo é a vinculación de actividades" reiteran dende o Comité de empresa. Mobilización do sábado Durante a reunión de hoxe, o comité de empresa tamén fixo unha análise da mobilización que tivo lugar o pasado sábado pola tarde en Cee. A súa valoración é positiva xa que a participación e a implicación da xente da comarca foi moi alta a pesar das condicións meteorolóxicas. "Foron moitas as mostras de apoio tanto institucionais,  organizacións políticas e sobre todo as mostras de espontaneidade de todo tipo de asociacións, outros comités, autónomos, empresas - que nalgúns casos pecharon os establecementos durante a mesma - e eventos deportivos na comarca na que amosaron o apoio a reivindicación contra a venda das centrais e a non segregación de actividades", sinalan dende o comité de empresa.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios