O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia
20:50 15/11/16
mobilizacion-ferroatlantica
Despois das enormes mostras de apoio que recibiron os traballadores de Ferroatlántica ante a ameaza de peche das fábricas de Cee e Dumbría, o Comité de Empresa mantivo hoxe unha reunión coas centrais sindicais na que se acordou a celebración de asembleas o vindeiro venres nos centros de traballo para a organizar o inicio dun peche no Concello de Cee a partir do vindeiro luns, 21 de novembro. Así mesmo, durante a reunión acordouse a celebración de concentracións diarias - de 18:30 a 19:30 horas - diante do concello ceense así como seguir recadando apoios a través de reunións e recollida de sinaturas.
Este tipo de medidas levaranse a cabo para esixir a intervención inmediata da Xunta para que paralice a venda, manifestan dende o Comité de empresa. "Non chega con declaracións ambiguas de garantía do postos de traballo, nin que o PP da comarca se sitúe detrás dunha pancarta mentres o seu goberno pode ser o verdugo da comarca. A única garantía dos postos de traballo é a vinculación de actividades" reiteran dende o Comité de empresa.
Mobilización do sábado
Durante a reunión de hoxe, o comité de empresa tamén fixo unha análise da mobilización que tivo lugar o pasado sábado pola tarde en Cee. A súa valoración é positiva xa que a participación e a implicación da xente da comarca foi moi alta a pesar das condicións meteorolóxicas. "Foron moitas as mostras de apoio tanto institucionais, organizacións políticas e sobre todo as mostras de espontaneidade de todo tipo de asociacións, outros comités, autónomos, empresas - que nalgúns casos pecharon os establecementos durante a mesma - e eventos deportivos na comarca na que amosaron o apoio a reivindicación contra a venda das centrais e a non segregación de actividades", sinalan dende o comité de empresa.
Artigos relacionados
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-01-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])