Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa

O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa
Fabrica Ferroatlantica Cee Fábrica de Ferroatlántica de Cee Despois as declaracións do presidente de Ferroatlántica - Pedro Larrea - sobre a confirmación da venda das centrais hidroelécticas, o comité de Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas manifesta a súa oposición ao entender que se trata dunha operación especulativa que volve a abrir un conflicto como no ano 1992 e que ameaza os empregos en Cee e en Dumbría. Deste xeito, dende o comité de empresa reiteran que a Xunta de Galicia debe recibilos para se comprometan cos traballadores e respeten os compromisos adquiridos así como garantir o cumprimento da legalidade vixente. Pola súa banda a CIG tamén manifestou o seu desacordo coas pretensións de Ferroatlántica e entende que a única garantía de futuro para as fábricas de Cee e Dumbría e os empregos é manter vinculadas e dentro do mesmo grupo as actividades de ferroaleacións e de produción de enerxía. Así llo fixo saber na reunión que mantiveron na mañá de onte en Madrid o comité de Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas e o presidente de Ferroatlántica, Pedro Larrea, e na que tamén participaron o secretario da Unión Local da CIG de Cee, Xabier Santos, e o secretario Confederación de Organización, Paulo Carril. Unha reunión que, ao entender da central sindical, confirma que "estamos ante unha operación puramente especulativa e un novo espolio dos recursos do noso país". A empresa xustifícase ligando a venda á obtención de fondos que presuntamente destinará ás fábricas, de igual xeito que cando no ano 1992, o Grupo Villar Mir - propietario de Ferroatlántica - adquiriu o complexo industrial, as centrais e os encoros, anunciando investimentos e melloras - como o famoso forno 23 - que nunca se realizaron. Neste senso, a CIG lembra que precisamente o aproveitamento dos recursos hidráulicos permitiu a Ferroatlántica consolidar a súa posición de liderazgo no sector. A central asevera que as explicacións do presidente non son críbeis nin poden xerar confianza. Promesas No seu intento de convencer ao Comité da “gran oportunidade” que supón desfacerse das centrais, a empresa vinculou a venda á mellora das condicións laborais de determinado colectivo de persoal e anuncia que a operación se traducirá en inversións para as fábricas da comarca, para a continuación referirse só á xa comprometida planta de silicio solar en Sabón e á construcións de novas instalacións en Puertollano. A este respecto, a CIG tamén se cuestiona a política da empresa, que aproveita os nosos recursos mineiros , pero que se nega pechar todo o proceso de produción na comunidade, esquilmando así os bens naturais de todos dos galegos e galegas sen achegar contrapartidas socioeconómicas. Por iso, a CIG esixe da empresa que cese no seu empeño de vender as centrais e demanda un Plano Industrial de futuro en base as condicións que permitiron a autorización administrativa dos aproveitamentos hidráulicos. "É dicir, que as centrais permanezan dentro do grupo, asumindo a non segregación das actividades enerxéticas e de ferroaleacións. Ese é o único modo de garantir o interese público e o mantemento dos empregos. Esa é a opción de ouro de Ferroatlántica", manifestan dende o sindicato. Reunión coa Xunta Para a central sindical, a reunión de onte demostra tamén a urxencia de que o presidente da Xunta atenda a solicitude de xuntanza remitida polo Comité e interveña sen demora, paralizando esta operación especulativa e non autorizando a segregación. A CIG considera que os cambios administrativos aos que se refire a empresa non amparar as súas pretensións e denuncia que o goberno galego, co seu silencio estea a colaborar naactuación da empresa, e permitindo que se poña en risco a continuidade de 400 postos de traballo. Así as cousas, hoxe o persoal reunirase en asemblea para valorar novas mobilizacións a realizar até que a compañía cese no seu intento ou a Xunta se aveña a cumprir coa legalidade.

Novas relacionadas

  Fonte

Comentarios