O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas


A semana pasada era a Mesa pola Normalización Lingüística a que protestaba porque a empresa Ferroatlántica non aceptaba informes dos seus traballadores en lingua galega. Hoxe tócalle o turno ao Comité de Empresan de Cee e Dumbría, que semellan alarmados pola posible segregación das actividades produtivas das fábricas costeiras. A posta en venda das centrais hidroeléctricas do Grupo de Villar Mir, a pesar de ter en marcha tes novas minicentrais no río Xallas, fan saltar todas as alarmas.
Pero o caso é que “as actividades de enerxía eléctrica e ferroaleacións forman unha unidade produtiva única” (non se poden desvicular as actividades das fábricas de produción de ferroaleacións de Dumbría e Cee das centrais hidroeléctricas do río Xallas), unha realidade ratificada por diferentes leis e polo Parlamento galego en unanimidade, pero que ultimamente sendo foco de dúbidas na palestra pública.
Nese sentido, a apertura dunha nova fábrica de silicio en Sabón puxo en alerta aos traballadores da zona e por iso o Comité quere esixir á Xunta “a non segregación das actividades produtivas e o mantemento de postos de traballo, así como as inversións necesarias para este fin”.
Ademais, piden á presidencia da empresa que sinalen o apoio público a esta esixencia, e instan á Xunta “a respectar os compromisos ratificados o mantemento da legalidade vixente relativa á non segregación das actividades produtivas”.
Nese sentido, o Comité lembra que “Ferroatlántica ten as concesións para explotar os nosos recursos naturais, beneficiándose de concesións públicas supeditadas ó mantemento e xeración de postos de traballo, así como a declaración de utilidade pública para a expropiación de terreos e para a construción e explotación das centrais”.
Novas relacionadas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)