Sábado. 26.09.2020
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación

O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
Reparto de panfletos do Comite de Ferroatlantica en Cee Reparto de panfletos do Comité de Ferroatlántica en Cee Continuamos co día a día da loita do Comité de Empresa de Ferroatlántica ante a posible segregación das actividades de produción hidroeléctrica e ferroaliaxes. Unha venda que nos afectaría a todos, como analiza de xeito cru José Luis Louzán. Por iso, o Comité de Empresa sabe que a chave está na mobilización social, e co intento de unir a toda a comarca á loita, comezou este domingo unha campaña informativa. O Comité, co lema “Loitemos pola nosa comarca, loitemos pola industria”, intenta dar unha resposta social á posta en perigo de 400 postos de traballo, unha verdade traxedia social para a comarca, confiando en que que “a Xunta ten a última palabra”, e que ante unha ampla mobilización teña que dar marcha atrás á venda por parte do Grupo Villar Mir. Así, este domingo estiveron repartindo dun panfleto no mercado municipal de Cee, iniciativa coa que se pretende pór de manifesto a negativa repercusión que a venda das centrais teñen para a nosa comarca. “Queremos lembrar que a segregación de actividades é un obxetivo que xa figuraba no plan de viabilidade da empresa no ano 92 cando VillaMir comprou as fábricas e CCHH a Carburos Metálicos, sendo os tribunais de xustiza quen a impediron”. Teñen claro e por iso denuncian que “a segregación de actividades e venda das centrais hidroeléctricas, supón o PECHE das fábricas de Cee e Dumbría (só estaría por determinar o tempo, curto ou medio prazo)”. E lembran puntos clave como a falta de investimento en modernización da planta en 25 anos, e que as fábricas competidoras do Grupo producen o mesmo con menos custes noutras partes do mundo. “É fácil entender que a única saída é a deslocalización e polo tanto, o peche das fábricas de Cee e Dumbría”. Por iso esixen “a intervención inmediata da Xunta de Galicia para que non autorice a segregación non autorice a venda das centrais. Si o PP é quen de apañar votos na comarca para gañar as eleccións agora ten que utilizar esos mesmos votos para paralizar esta operación especulativa. Do contrario o PP será o culpábel da RUINA da nosa comarca”. manifestacion-por-ferroatlantica Non para a campaña informativa, e ademais das asembleas que se celebrarán nos centros de traballo, o Comité convocou para o sábado 12 de novembro ás 17 horas na praza do Concello de Cee unha concentración facéndoa coincidir coa toma de posesión do Presidente da Xunta.

Reunión no Parlamento e ca Deputación

O pasado venresm o Presidente da Deputación ofreceu o seu total apoio, en presencia de todos os alcaldes da comarca, contra a segregación das centrais porque a única garantía de futuro pasa pola vinculación de actividades. Neste sentido coincide co comité que “a segregación supón uns incrementos de costes enerxéticos que situaría a empresa nunha posición similar a outras empresas que tamén son “grandes consumidoras de enerxía” e sobre as que todos os anos planea o peche e deslocalización”. Ademais, o Comité de empresa ten previsto mañá Luns reunirse en sede parlamentaria cos grupos de BNG, PSdeG e en Marea en relación as iniciativas que o grupos van presentar no Parlamento de Galicia.

”A compra de "vontades" é o que a empresa entende como Responsabilidade Social Corporativa”

Con esta frase define o Comité “a campaña de mentiras, chantaxe e coacción, que entendemos, está a realizar a Empresa Ferrotlántica na comarca”. Considera o Comité que a empresa “intenta cambiar a opinión pública presionando a todas aquelas entidades, asociacións, clubes que recibiron algún tipo de axuda da empresa, para que se posicionen a prol da venda das centrais, lembrándolles as axudas recibidas, a través de visitas e chamadas dunha empresa de Santiago, supostamente contratada para o efecto e que descoñecemos quen facilitou os datos das entidades e persoas que as integran (Madrid ou Cee), pero que podemos estar ante un caso grave de vulneración da Lei de Protección de Datos”. ”Son varias as chamadas de indignación que recibimos nestos dous días de persoas que integran estas entidades e asociacións e que se sinten enganadas e defraudadas por quen enchía a boca falando de respeto, de ética, de valores morais do grupo e o apoio e compromiso que dicían ter co entorno económico e social”, explican dende o Comité.  

Artigos relacionados

Novas relacionadas

  Fonte

comentarios