O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación

09:00 07/11/16


Reunión no Parlamento e ca Deputación
O pasado venresm o Presidente da Deputación ofreceu o seu total apoio, en presencia de todos os alcaldes da comarca, contra a segregación das centrais porque a única garantía de futuro pasa pola vinculación de actividades. Neste sentido coincide co comité que “a segregación supón uns incrementos de costes enerxéticos que situaría a empresa nunha posición similar a outras empresas que tamén son “grandes consumidoras de enerxía” e sobre as que todos os anos planea o peche e deslocalización”. Ademais, o Comité de empresa ten previsto mañá Luns reunirse en sede parlamentaria cos grupos de BNG, PSdeG e en Marea en relación as iniciativas que o grupos van presentar no Parlamento de Galicia.”A compra de "vontades" é o que a empresa entende como Responsabilidade Social Corporativa”
Con esta frase define o Comité “a campaña de mentiras, chantaxe e coacción, que entendemos, está a realizar a Empresa Ferrotlántica na comarca”. Considera o Comité que a empresa “intenta cambiar a opinión pública presionando a todas aquelas entidades, asociacións, clubes que recibiron algún tipo de axuda da empresa, para que se posicionen a prol da venda das centrais, lembrándolles as axudas recibidas, a través de visitas e chamadas dunha empresa de Santiago, supostamente contratada para o efecto e que descoñecemos quen facilitou os datos das entidades e persoas que as integran (Madrid ou Cee), pero que podemos estar ante un caso grave de vulneración da Lei de Protección de Datos”. ”Son varias as chamadas de indignación que recibimos nestos dous días de persoas que integran estas entidades e asociacións e que se sinten enganadas e defraudadas por quen enchía a boca falando de respeto, de ética, de valores morais do grupo e o apoio e compromiso que dicían ter co entorno económico e social”, explican dende o Comité.Artigos relacionados
Novas relacionadas
- 05-01-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])