domingo. 01.12.2024
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño

O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño
O Comite de Ferroatlantica en Dumbria con Pequeno O Comité de Ferroatlántica en Dumbría con Pequeño

Días sen parada para o o Comité de Empresa de Ferroatlántica, coas tres centrais sindicais representadas -CIG, UGT e CCOO-, que continua en pé de guerra ante a posible venda das centrais hidroeléctricas e a segregación das actividades produtivas da empresa do Grupo Villar Mir. Trala concentración do pasaso venres ás portas da fábrica de Brens, a fin de semana foi completa, pois os membros do Comité mantiveron unha reunión co alcalde de Dumbría, ao tempo que enviaron unha carta ao presidente da Xunta, solicitando unha reunión urxente.

Reunión co alcalde de Dumbría

Non tardou un día o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, en recibir aos traballadores das fábricas e amosarlle o seu total apoio. O alcalde que o remate da reunión concentrouse co comité as portas do Concello amosou tamén a súa preocupación e disposición para que se clarifique a situación. Pequeño considera que “ten que ser a Xunta debe de maneira taxante desautorizar dita venta e se deixe de especular cos recursos da nosa comarca”. Neste sentido comprometeuse a realizar as xestións oportunas para que esa reunión coa Xunta se produza e se de maneira definitiva se concrete a non posibilidade de segregación das actividades produtivas.

A reunión serviu tamén para solicitar outra reunión cos Alcaldes da mancomunidade de Fisterra para que se trasladar tamén de maneira conxunta este tema.

Reunión con Feijoo

Xa enviara o Comité o pasado día 10 unha petición de reunión ao Presidente da Xunta de Galicia a petición de reunión. Este pasado venres reenviábanlla os traballadores costeiros solicitando unha reunión con urxencia, antes do xoves 27 de outubro, pois nesta data a representación social foi convocada a unha reunión en Madrid coa empresa.

Unha vez máis, dende o Comité esixen do Presidente da Xunta a ratificación dos compromisos creados e o respecto á legalidade vixente. “Pois este é o único camiño para evitar que se xeren novas incertezas sobre os empregos e o futuro das fábricas e para que se deixe de especular coas nosas centrais hidroeléctricas, os nosos recursos e a nosa comarca”, explícanlle a Feijoo.

Neste sentido piden a creación dun “marco estable de discusión no que Xunta, empresa e representación legal concreten a non posibilidade de segregación das actividades produtivas e polo tanto a venda das centrais da nosa comarca”.

Máis mobilizacións

Así, de non atender o Presidente do Goberno galego a nosa solicitude, o Comité ten previsto convocar unha concentración diante da Xunta o próximo martes, día 25, para reiterar a súa petición de reunión.

Ademais, o calendario de mobilizacións seguirá analizándose o vindeiro venres, 28 de outubro, nunha asemblea de traballadores e traballadoras na que se dará conta das reunións mantidas cos alcaldes dos concellos de Cee e Dumbría, se informará do contido da xuntanza co Presidente de Ferroatlántica en Madrid, e do encontro co Presidente da Xunta, no caso de seren recibidos.

Novas relacionadas

  Fonte

Comentarios