Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas

O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
O comité de empresa de Ferroatlántica reunese hoxe co director xeral de Insdustria da Xunta de Galicia - Ángel Bernardo Tahoces - co fin de trasladarlle a petición de reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo xa que entenden que "é o único que pode paralizar e desautorizar esta operación especulativa", manifestan os representantes dos traballadores. Por outra parte, na reunión de onte entre o comité de empresa e as centrais sindicais marcouse un calendario de posibles mobilizacións ata que o presidente da Xunata os reciban. Ademais, iniciarían unha campaña de información co fin de concienciar á poboación da Costa da Morte sobre as consecuencias da segregación. Ademais, o comité de empresa acudirá hoxe ao pleno do concello de Dumbría, que se celebrará ás 13 horas e no que se debatirá a moción presentada contra a segregación de acividades de ferroaliaxes e enerxía.

Novas relacionadas

  Fonte

Comentarios